Aprender fora da aula

Os alumnos de 2º bacharelato disfrutaron dunha visita guiada a diferentes puntos de interese de Santiago de Compostela. Esta visita foi unha extensión das materias de debuxo artístico e técnico e tamén de historia da arte. Tiveron a oportunidade de analizar o Pazo de Fonseca, a facultade de Xeografía e Historia e tamén o conxunto histórico-artístico da Catedral de Santiago e do Pórtico da Gloria.