Caldo de Gloria

O día 24 foi o aniversario da nosa queridísima Rosalía de Castro. E para celebralo fixemos diferentes actos nas clases, como a lectura do poema "Miña casiña, meu lar" onde aparece a receita do Caldo de Gloria, que puideron saborear os nosos alumnos do comedor este venres.