Día da Ciencia na rúa

"EN EL FONDO, LOS CIENTÍFICOS SOMOS GENTE CON SUERTE: PODEMOS JUGAR A LO QUE QUERAMOS DURANTE TODA LA VIDA”     

LEE SMOLIN (FÍSICO TEÓRICO )

Baixo esta frase nenos e nenas do noso centro, dende 4º E.P a 3º ESO, desfrutaron dunha xornada de ciencia o Sábado 4 de Maio nos Xardíns de Santa Margarita.

Os alumnos de primaria amosaron, a todos aqueles que se achegaron á nosa xaima:

  • Un proxecto de prantas medicinais e aromáticas, ofrecendo infusións e a posibilidade de levarse sementes.
  • Experimentos manipulativos con fundamento químico e físico cos que foron quen de espertar a curiosidade dos que ata alí se achegaban.

Os alumnos da ESO presentaron retos matemáticos, curiosidades físicas e químicas, xogaron co magnetismo e alertaron sobre os aditivos dos alimentos aos que debemos facer caso.

Os mais pequenos, alumnos de 4º E.P, achegaron a robótica ao día da Ciencia. Quedaron encantados e foron moitos os que destacaron a facilidade dos nenos para expresarse e dirixirse aos adultos co gallo de explicarlles como se pode facer un robot con legos. Están desexando volver o ano que ven!