Día das Letras Galegas

O 15 de maio na sede da RAG, un grupo de alumnos de 3º e 4º da ESO asistiron a presentación do libro de Antonio Fraguas, editado pola Voz de Galicia do gallo do Día das Letras Galegas. Foron convidados ao acto solemne e institucional e puideron conversar  co Presidente da RAG quen se amosou moi interesado en facerlles ver que o futuro da lingua dependerá deles.

Por si isto fora pouco, a cantante Sabela interpretou uns temas de Rosalía de Castro e accedeu a facerse unhas fotos cos alumnos, momentos recollidos no xornal La Voz de Galicia do día 16 de maio.